En Obras e Contratas Emedous cremos que o sector da construcción tén unha grande responsabilidade debido ó impacto directo e indirecto que tén sobre o medio ambente, posto que os edificios consumen o 60% dos materiais extraídos da terra e xeran a metade do total de residuos e contaminación. A solución a todo isto chámase Bioconstrucción.
A bioconstrucción ou construcción ecolóxica busca o aproveitamento máximo dos recursos naturais reducindo o impacto medio ambental. Unha das nosas principais metas é a eficiencia enerxética usando enerxías renovables, pero tamén o uso de materiais de baixo impacto ambental e a reutilización dos residuos. O aforro no consumo de auga mediante acumulación de auga da choiva ou a reciclaxe das augas grises para o rego son un claro exemplo de optimización de recursos nunha vivenda a baixo custo.
Emedous traballa todo tipo de materiais ecolóxicos e naturais coma o corcho, madeira, barnices naturais, arcillas, cales hidráulicas e aéreas, etc. e asesoramos ós nosos cliente sobre as vantaxes que ofrecen as enerxías renovables, a arquitectura bioclimática e a construcción sostible.
Coma fruto das nosas investigacións en materia de eficiencia enerxética diseñamos e desenrolamos un proxectos que chamamos Ecofogar , estufas cerámicas de leña de alto rendimento que aproveitan a práctica totalidade da enerxía que produce conseguindo un comsumo moi baixo e reducindo as emisións de gases contaminantes á atmósfera a niveles ínfimos.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información