A pesares de non ser o noso marco de traballo principal, en Obras e Contratas Emedous temos realizado unha cantidade importante de obras de carácter civil, tanto públicas coma privadas; realización e colocación de pantallas acústicas para urbanizacións, reformas en aeroportos, campos de fútbol e outras instalacións deportivas, saneamento integral de aldeas rurais, instalacións de depuradoras de augas residuais, canalizacións de auga para uso alimentario, firmes e regas asfálticas de vias públicas, pavimentacións en aldeas con formigón ou pedra, reformas en fontes e lavadoiros públicos, etc.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información