En Obras e Contratas Emedous temos un afán de mellora constante que entendemos non se pode concebir se non vai acompañado dunha maior formación e innovación constante. Innovación entendida coma pequenas melloras en fases constructivas concretas e en modos de execución de tareas de obra, pero tamén coma un compromiso coa incorporación de sistemas constructivos completos novos que teñan un valor engadido e aporten solucións de execución ou planificación con respecto ó existente. Esta é a razón da nosa colaboración con outras empresas no proxecto do "sistema constructivo AMCBuilding".
AMCBuilding é un sistema constructivo que se basea na utilización de contedores marítimos coma estructura para a edificación en altura e posee varias vantaxes con respecto ó tipo de construcción tradicional. Por un lado é unha construcción seca, o que significa que non existen tempos de secado de materiais e tamén que usa materiais con pouca conductividade do calor, o que implica que as perdas de calor son mínimas. Outra das suas características principais é a rapidez na montaxe, posto que mentras unha vivenda unifamiliar soe levar coma mínimo 6 meses, esta vivenda pode instalarse en pouco mais de un mes e coas mesmas posibilidades estéticas e de calidade que a construcción tradicional.
Emedous colaborou activamente na aportación de multitude de solucións técnicas e estudos de comportamento para o desenrrolo deste proxecto que conta xa a día de hoxe con patente rexistrada. Entre as nosas aportacións podemos destacar as seguintes:
* Deseño e desenrrolo de fachadas semiventiladas adaptadas de materiais diversos, resolución de encontros con estructuras, ancoraxes e selados.
* Análises e diagnóstico de comportamento de elementos de fachada ríxidos anclados a estructura modular.
* Deseño e desenrrolo de sistemas de cuberta con características e acabados variados e solucións de estanqueidade de encontros, sistemas de evacuación de pluviais, aillamento e impermeabilización.
* Realización de planos de detalle de solucións e elementos constructivos, encontros, ancoraxes, puntos críticos de estanqueidade, etc.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información