En Obras e Contratas Emedous S.L.U. ofrecemos servizo integral e asesoramento en todo tipo de obras. Dende a realización dos proxectos ata a entrega das chaves todo vai xestionado e supervisado polo noso responsable de empresa. Esto tradúcese nunha maior tranquilidade, asesoramento e aforro de tempo para os nosos clientes.
Contamos coa colaboración e o traballo dos mellores profesionais de cada sector, que nos axudan a proporcionar unha gran calidade ás nosas obras.
A pesares de realizar todo tipo de obras tanto públicas coma particulares unha das nosas especialidades é a restauración de edificacións de todo tipo; muiños de auga, hórreos, vivendas ailladas, locais comerciais, edificios, etc, onde sempre procuramos conservar a esencia de cada edificación optimizando as suas prestacións e calidades sin prescindir das suas señas de identidade. Por este motivo, a recuperación dos elementos de forxa, madeira e sobre todo da pedra son os piares principais do noso traballo.
Dentro do noso traballo merece tamén un capítulo aparte a bioconstrucción ou construcción sostible. A utilización de materiais ecolóxicos e a búsqueda da eficiencia enerxética e aproveitamento dos recursos naturais é sin dúvida outro dos nosos piares, na busqueda dunha construcción menos dependiente de enerxías non renovables e menos perxudiciais para o medio ambente.
Para tratar de mellorar os nosos servizos en Emedous adicamos unha parte importante de tempo ó estudo e a investigación de novos sistemas e elementos constructivos, chegando incluso a cerrar acordos de colaboración con outras empresas en busca de solucións constructivas que melloren a calidade das edificacións.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información