Empresa de construcción en Outes
Obras e Contratas Emedous
Emedous é unha empresa ubicada na Ría de Muros-Noia adicada á construcción e as reformas, así coma á decoración interior e exterior. A nosa ampla experiencia e a continua formación son as señas de identidade desta empresa onde a calidade dos servizos prestados marca a diferenza.

¿Qué construímos?
- Obra nova vivendas, naves industriais ou talleres.
- Rehabilitación de vivendas no rural, así coma hórreos, fontes, muíños de auga, etc.
- Reformas, tanto interiores coma exteriores.
- Obras en bioconstrucción
- Urbanización de fincas, muros, piscinas, saneamentos, ...
- Estufas de Inercia Térmica

¿Cómo construímos?
- Con calidade, coidando os detalles
- Organizados, baixo a supervisión dun xefe de equipo.
- Con responsabilidade cumprindo as normas de seguridade e medioambientais
- Axudando e aconsellando ó cliente, buscando o aforro e a eficiencia
- Con garantía, seriedade e eficacia.
- Sabendo que as nosas obras son a nosa mellor publicidade
¿Qué máis ofrecemos?
- Servizo integral e xestión de trámites
- Deseño 3D para ver a obra/reforma antes de executala.
- Coordinación de gremios e xestión da execución da obra
- Búsqueda de productos e melloras nos sistemas constructivos

reformas e restauracións en Outes
¿Qué nos diferenza?
O trato directo co cliente e a nosa implicación na obra.
O control diario da exucución das obras e a sua calidade.
A investigación e Innovación e o desexo de mellorar constantemente.
A empatía e comunicación constante co cliente e a dirección facultativa
¿Falamos?
Chámanos e contanos o teu proxecto, estaremos encantados de coñecelo.
Ou se o prefires, enche o formulario de contacto cos teus datos, e chamámoste nós!!