Compromiso mediambiental e Responsabilidade civil - Emedous
En Obras e Contratas Emedous temos un compromiso co medio ambente ademáis de cos nosos clientes. Por iso facemos todas as nosas obras cumprindo estrictamente a normativa vixente sobre residuos, así coma tamén as medidas de seguridade e hixiene no traballo.
Todos os nosos traballadores contan coa formación necesaria para o cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais, ademais de para o uso dos equipos de protección laboral e individual. En todas as nosas obras hai un recurso preventivo que se encarga de vixiar e coordinar no referente ó cumprimento das normas de seguridade e saúde.
No que se refire á protección do medio ambente, en Emedous inculcamos ós nosos traballadores as boas prácticas en materia medioambental, conseguindo que nas nosas obras os consumos enerxéticos e de auga sexan os imprescindibles e levando a cabo un reciclaxe dos residuos xerados. Contamos ademais cun xestor autorizado que se encarga de clasificar e xestionar o escombro resultante das nosas actuacións.
En Emedous tamén ofrecemos asesoramento ós nosos clientes sobre posibles solucións de aproveitamento dos recursos naturais, aforro en consumo de auga e mellora da eficiencia enerxética.
A nosa empresa tén contratada unha póliza de responsabilidade civíl cunha compañía de prestixio recoñecido para cubrir calqueira eventualidade que poida surxir no transcurso da execución das obras.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información